Queremos que haxa espazos artísticos
xa que cremos nos beneficios e no poder transformador da arte
Cada mes, na nosa lareira, acendemos algo máis que o lume: recuperamos o antigo espírito das xuntanzas arredor do lume, onde a música, o canto e a palabra compartida eran parte da vida cotiá. Retomamos esa tradición cunha actividade cultural mensual: un concerto na lareira.
Artistas de distintos estilos e procedencias achegan o seu son a este espazo íntimo e próximo, onde o público non é só espectador, senón parte da experiencia. Un lugar de encontro, conversa e música viva, pensado para gozar en compañía.
Ademais, queremos que non se perdan os saberes das nosas avoas. Por iso organizamos regularmente obradoiros e cursos, onde aprender e poñer en práctica coñecementos tradicionais:
- Elaboración de queixos caseiros
- Creación de xabóns naturais
- Uso e recoñecemento de plantas medicinais
- Bioconstrución
- Obradoiros de pintura, cociña e moito máis
Un espazo para aprender xuntas e xuntos, poñer as mans na masa e manter vivas as tradicións, á vez que abrimos portas á creatividade e á aprendizaxe continua.
Se queres máis información sobre as nosas actividades culturais non dubides en contactarnos!








