Madeira a Man Carpintería

O meu nome é Sébastien,

son francés e pertenzo á nova xeración de carpinteiros que quere seguir a tradición

Dende que tiña 7 anos souben que quería ser carpinteiro. Ao longo dos anos, esa vocación inicial consolidouse a través de 6 anos de estudos formais, nos que profundei nas técnicas e tradicións do traballo coa madeira.

Actualmente resido en Ourol, Galicia, na Mariña lucense, e formo parte activa da cooperativa AlasRaíces. En AlasRaíces compartimos a visión de manter vivas as tradicións e o respecto polos oficios locais, colaborando e medrando en comunidade.

 

O MEU TRABALLO

Especialízome na carpintería tradicional, traballando principalmente con madeira maciza da contorna.

As miñas creacións e reparacións están pensadas especialmente para xente do entorno rural, contribuíndo así a fortalecer e revitalizar a vida no rural.

Poño o foco na calidade e no respecto pola materia prima, integrando técnicas herdadas e procesos contemporáneos.

COMPROMISO

O meu obxectivo é exercer o meu oficio aquí, achegar a miña experiencia e coñecementos, e amosar o meu quefacer a través de talleres e formacións para todas as persoas interesadas en aprender o nobre arte da carpintería.

Quero contribuír a que a tradición siga viva e que os oficios se manteñan como parte esencial da nosa identidade colectiva.

Se queres máis información sobre o meu traballo ou os talleres que imparto non dubides en contactarme!