Formación

Novo espazo formativo:

un refuxio para aprender e compartir

No corazón do noso proxecto está a construción dun novo espazo no terceiro andar da casa: unha sala acolledora, diáfana, pensada como lugar de encontro, aprendizaxe e traballo. Cando as obras rematen, este espazo permitirá realizar formacións de xornada única ou residenciais, grazas á creación dunha zona de aloxamento con 12 camas nunha habitación compartida, ao estilo de pequeno albergue rural con baños e zona de estar.

Ofreceremos:

  • Formacións en educación, traballo social, terapia Gestalt, psicoloxía, carpintería artesanal e outras disciplinas vinculadas ao desenvolvemento persoal e profesional.
  • Obradoiros prácticos e residenciais, onde a aprendizaxe se mestura co convivir.
  • Alugueiro do espazo para entidades sociais ou empresas que queiran traballar coas súas persoas e equipos nun entorno natural.
  • Sesións e retiros de traballo corporal, danza terapéutica e procesos Gestálticos, aproveitando a tranquilidade e beleza da contorna.

Aquí queremos xuntar xente para aprender, compartir e crecer.

Este novo espazo será un fogar para a creatividade e o coñecemento. Un lugar onde sementar novas formas de estar e facer no rural.

Se queres máis información sobre as nosas formacións ou residencias non dubides en contactarnos!