Cristina González
crecemento emocional e persoal
Son terapeuta Gestalt, Máster en Asesoramento e Orientación Familiar na facultade de Psicoloxía da USC, traballadora social e artista plástica.
Despois de vivir con Alas, habitando moitos países, elixo a aldea como o novo lugar para tecer as miñas Raíces en Ourol, Lugo.
Coñecín a terapia Gestalt en Uruguai , acompañoume como un proceso sandador e transformador, ao mesmo tempo que me deu valiosos coñecementos, por iso formeime e agora quero acompañar profesionalmente a quen o necesite desde este enfoque, realizando terapia individual e grupal, presencial e en liña.
En AlasRaíces teremos retiros para traballar desde este enfoque, a través de obradoiros de arte e terapia Gestalt, talleres de movemento e danza ademais de formacións.
Tamén terá cabida no proxecto todo tipo de formacións que nos axuden a conectarnos co noso ser e a nosa responsabilidade de ser no mundo.
Terapia con adolescentes, de parella e individual.
Crises, estrés, estancamento, ansiedade, malestar, intranquilidade…
Se necesitas un acompañamento terapéutico ou queres máis información non dubides en contactarme!



